Festa Galega do Cómic na cidade das Burgas deica o vindeiro 27 de outubro.
As xornadas ourensáns de banda deseñada aproveitan para renderlle homenaxe ao recoñecido dinamizador cultural Benito Losada. Xavier Paz, que falou en representación da Fundación Benito Losada, destacou que se trata da convocatoria número 25, que no contexto da cultura galega é unha edición que poucas veces se ten conseguido, co recoñecemento que debe ter a cidade de Ourense neste contexto, e con Benito Losada como destacado programador cultural.
O Premio Ourense de banda deseñada á mellor iniciativa, orientado a distinguir iniciativas e traxectorias destacadas no panorama da BD galega, recae nestas XXV Xornadas de Banda Deseñada na revista OINK! A revista do Xabarín Club
As xornadas inclúen este ano catro exposicións:
Historia de Galiza en Banda Deseñada
Acolle os traballos de cinco autores: Idioia de Luxán Vázquez, Jerónimo Piñeiro de Castro, Juan Luis Pérez, Carlos Alfonzo Fernández e Jaime Eizaguirre Santillánque traballaron durante os anos 2008 e 2009 sobre os guións e argumentos de Carlos Rafael Ramos e a dirección de Benito Losada.
19 anos do Fanzine das Xornadas
O Fanzine das Xornadas viu a luz o seu primeiro número no ano 1994 coincidente coas VI Xornadas cando a iniciativa estaba xa plenamente consolidada. Da man de Benito Losada, aquel primeiro número correu xa baixo a coordinación de Henrique Torreiro, persoa que xogou un papel non só fundacional senón fundamental no decorrer da publicación durante as case duas primeiras décadas de existencia da mesma. Nestes 20 anos transcorridos moito ten mudado o mundo da banda deseñada en xeral e o galego en particular.
Premiados 1º Certame Benito Losada de Banda Deseñada
primeiro premio
Cristian Fojón Caruncho
segundo premio
Giovanna Lopalco
terceiro premio
Xulia Vicente Jiménez
mención especial
Shi Qi Luís Yang
Cómic Injuve 2012
A exposición mostra as historietas de 9 dibuxantes que, mediante o emprego xa xeneralizado de soportes informáticos, son exponentes das últimas tendencias en cómic.
Premios:
Jon Juárez
Elías Taño
Accésit:
Alexis Nolla
François Pagès
Accésit ex aequo:
Maite Caballero
Marc Torices
Artistas seleccionados:
Ximo Abadía
Pau Anglada
Irati Fernández
Comisario:
Antonio Altarriba
Xurado:
Antonio Altarriba, Premio Nacional de Cómic 2010.
Cristina Durán, Historietista.
Pablo Jurado, Presidente de la Asociación Profesional de Ilustradores de Madrid.
Lola Lorente, Premio Ilustración Injuve 2006.
Mónica Vergés, Xefa de Servicio do Área de Iniciativas, Injuve.
Toda a información: www.xornadasbdourense.com