Clube de cine Súbete ó Castro

club-cine-vigoEn Vigo, para a mocidade que quere descubrir como crear audiovisuais. Xuntanzas os mércores e sábados.

O club de cine é un grupo no que os integrantes terán a oportunidade de experimentar o funcionamiento dun equipo de grabación de material audiovisual, coma por exemplo cortometraxes, videoclips, sketches, largometraxes e, en definitiva, calquera producción audiovisual dende o nacemento da idea ata o producto final pero dunha forma sinxela e divertida.

Dentro do club os integrantes recibirán información sobre coma elaborar un guion, as funcións de cada equipo dentro dunha producción audiovisual, sobre os tipos de planos existentes, coma dirixir a un grupo de actores, dirección artística, edición de vídeo, etc., todo co obxectivo de grabar unha cortometraxe durante o transcurso das reuniós do club de cine.

As reunións do club de cine serán os mércores dende as 18:30 ata as 20:00 da tarde e sábados dende 16:30 ata as 18:30 da tarde durante os meses de Outubro e Novembro.

Máis información no teléfono 986 485541

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*