Mofa e Befa gañan a vida nos escenarios facendo rir pero, e a eles que lles fai rir? Cóntano nos micrófonos de ‘Ponte en Galego’, o programa de radio escolar promovido polo equipo de dinamización lingüística do IES Breamo de Pontedeume.
Emitido por Radio Filispi durante o curso escolar desde decembro de 2012, a finais de setembro volveu ás ondas co seu programa número 17.
“Cos elementos mínimos pero sempre facendo que a xente o pase moi ben (…) un teatro cun forte compoñente de cabaré e con esa conexión e picardía de estar en contacto co público e buscándolle as voltas ás reaccións dos espectadores na sala”, cóntalle á rapazada do IES Breamo Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira, Mofa e Befa. Ademais da conversa co dúo cómico, Ponte en Galego presenta a proposta musical de En Clave de Fado e conta coa presenza no estudio de Katerina Hornikova, estudante checa e galegofalante.
O programa completo na bitácora As Gabarras