Vinte pontes, vinte anos nas ondas

vinte-anos-ponte-nas-ondasO colectivo ‘Ponte… nas Ondas!’ convoca media ducia de premios para celebrar esta vizosa traxectoria.

O vindeiro 2014 vainos traer a XX edición da Xornada Multimedia de Ponte… Nas Ondas! Unha celebración que o veterano colectivo quere que sexa ben especial.

Neste tempo realizáronse programas de radio en directo ( ou pregravados ) no día de Ponte…nas ondas! emitidos pola FM das emisoras de radio, fixéronse colaboracións radiofónicas con emisoras comerciais, emitiuse simultaneamente a programación a traves de Internet, elaboráronse programas de televisión emitidos en directo por Internet… un amplo abano de opcións encamiñadas a ofrecer un espazo para a innovación e a creatividade!

Durante estes vinte anos os centros educativos foron os protagonistas e os mantedores de t o d a s a s a c t i v i d a d e s d e Ponte…nas ondas! Por esta razón faise un chamamento a todos eles e especialmente a aqueles q u e a o l o n g o d e s t a s d ú a s décadas máis activamente se mantiveron. O librodisco-dvd Na Ponte recolle parte de todo este traballo. O patrimonio galego-portugués ten sido outra liña de traballo de Ponte…nas ondas! Nesta vixésima edición convídase os centros educativos para que continuen a t r a b a l l a r n e s t e á m b i t o, producindo programas sobre o noso patrimonio común para esta edición.

PREMIOS “BOAS ONDAS”- 20 PONTE…NAS ONDAS!
BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA RADIOFÓNICO REALIZADO EN DIRECTO
* Programa radiofónico en directo desde unha das emisoras participantes na xornada da XX Ponte…nas ondas!
* Valórase: Guión orixinal, número de participantes en directo, convidados/as ( sen ser alumnado nin profesorado ),
realización técnica. Duración: Max.40´. Min.20´.
BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA RADIOFÓNICO GRAVADO
* Programa de radio gravado e producido por alumnado.
* Valórase: Guión orixinal, montaxe sonora,convidados/as ( sen ser alumnado nin profesorado ),número de
participantes.
Duración: Max.50´. Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital
BOAS ONDAS AO MELLOR PROGRAMA “COLABORATIVO”
* Programa radiofónico realizado en colaboración cunha emisora de radio profesional para a xornada
* Valórase: A realización conxunta en directo, número de participantes en directo, convidados/as ( sen ser alumnado
nin
profesorado ), realización técnica.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital
BOAS ONDAS AUDIOVISUAIS AO MELLOR PROGRAMA EN VÍDEO
* Mellor programa realizado en vídeo.
* Valórase: Guión orixinal, calidade das imaxes, montaxe. Duración: Max.50´. Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital
BOAS ONDAS PATRIMONIAIS AO MELLOR PROGRAMA SOBRE O PATRIMONIO
* Audiovisual documental realizado sobre unha das expresións do patrimonio inmaterial galego-portugués.
* Valórase: A participación do alumnado, a realización da recolla e o seu tratamento, a presentación audiovisual,
o o
aproveitamento didáctico. Duración: Max.50´. Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital
BOAS ONDAS DE FÓRA DA EURORREXIÓN GALIZA-NORTE DE PORTUGAL
* Programa audiovisual ( radio, vídeo ) que mostre algunha expresión do patrimonio cultural do pais de procedencia
* Valórase: Guión orixinal, número de participantes, montaxe, realización técnica. Duración: Max.50´.Min.20´.
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital
VINTE PONTES, VINTE ANOS…NAS ONDAS !
PREMIO: 1 tablet + 1 ordenador portátil+ 1 gravadora dixital
Enviar ficha de inscrición a: ondas@pontenasondas.org

FORMAS DE PARTICIPAR:
• Posibilidade de participar na xornada realizando un programa de radio en directo.
• Levar a un grupo de alumnado a un estudio de radio.
• Facer colaboracións con emisoras de radio na xornada de Ponte…nas ondas!
• Realización de producións audiovisuais.
• Recolla de mostras do patrimonio inmaterial para a xornada de comunicación.

Toda a información e inscrición na web de Ponte nas ondas!

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*