O Caderno Verde de Sogama publica un novo material educativo gratuíto, desta volta para a aula de matemáticas.
Aloia vai tirar dende a liña de tripla. Agora mesmo está empatada con Brais: 10 puntos cada un deles. Sabes cantos puntos vale cada canastra? Mira a que máis xogan os Amigos de Vilaverde.
Na web do Caderno Verde pode descargarse a ficha ‘Xogando’.
Co lema “Educación para un futuro sostible”, o espazo en rede Caderno Verde, impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio da Consellería de Medio Ambiente, o Caderno Verde contén moitos outros materiais didácticos de interese. A xestión dos residuos urbanos en xeral, e o cometido desta empresa pública en particular, constitúen os eixes centrais sobre os que xiran as distintas actividades recollidas nesta plataforma web.