Campaña da Coordinadora Galega de ONGD e o colectivo Impórtanos con motio do día internacional pola erradicación da Pobreza este 17 de outubro.
Hoxe, no mundo, 1.300 millóns de persoas viven nunha situación de pobreza extrema e 1.000 millóns pasan fame a diario. Mentres, cada ano acaban no lixo máis de mil toneladas de alimentos e o 1% das persoas máis ricas do planeta seguen a incrementar os seus ingresos. Pola súa banda, o Estado español sitúase na cumio das desigualdade sociais en Europa, por diante, incluso, de países duramente golpeados pola crise como Grecia, e só por diante de Portugal, Letonia e Bulgaria, segundo datos de Intermón Oxfam.
A Coordinadora Galega de ONGD e a campaña Impórtanos, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade de Vigo, poñen en marcha “Maniféstome”, unha campaña de sensibilización e denuncia das causas da pobreza coincidindo co 17 de outubro, Día internacional pola erradicación da Pobreza.
Maniféstome a favor dunha banca ética; maniféstome en contra o trato discriminatorio ás persoas inmigrantes; ou maniféstome a favor do consumo responsable son algúns dos lemas cos que a cidadanía galega poderá fotografarse en distintas cidades galegas esta semana. As imaxes circularán polas redes sociais. Será unha manifestación en diferido en distintos espazos e días para que todas as persoas poidan esixir a redistribución da riqueza e o fin da inxustiza social.
O photocall Maniféstome estreouse o día 14 de outubro na Facultade de Maxisterio da USC e ten previsto seguir a súa andaina os próximos días. Dende a organización convidan a calquera colectivo ou institución a solicitar o photocall para instalalo na súa vila ou cidade.