Libro-CD coordinado polo tenor Joaquín Pixán e o pianista Alejandro Zabala.
García Abril, Joaquín Rodrigo, Jesús García Leoz, Andrés Gaos, Jesús Legido, Juan Durán, Tomás Marco e Octavio Vázquez, este último cunha composición creada especificamente para esta gravación, mergulláronse na musicalidade dos textos rosalianos para construíren estas 11 obras que agora ven a luz na voz de Joaquín Pixán, co acompañamento ao piano do recoñecido intérprete Alejandro Zabala.
O disco presentouse en concerto o pasado 16 de outubro no auditorio do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en Santiago de Compostela. Joaquín Pixán e Alejandro Zabala estiveron acompañados pola soprano galega Teresa Novoa. A peza de Octavio Vázquez “Como chove miudiuño…”, “Rosa de abril”, de Andrés Gaos; “Un repoludo gaiteiro”, de Juan Durán; “Cando a luniña aparece”, de Tomás Marco; “Cando vos oio tocar” e “Has de cantar, meniña gaiteira”, de Antón García Abril; “O meu corasón che mando”, de Jesús García Leoz; “Un home San Antonio”, “Adiós ríos, adiós fontes” e “Cantarte hei Galicia”, de Joaquín Rodrigo; e “Alborada”, “Mañanciña”, “Atardecer”, “Noite” e “Soidades”, do compositor Jesús Legido, completan o disco.
O disco está editado por Andante Producciones coa colaboración da Secretaría Xeral de Cultura para a conmemoración do 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro.