Obradoiros KiiCS

obradoiros-kiicsOrganizados gratuítos na Domus dentro deste programa europeo de actividades para a mocidade.

Dentro do programa europeo KiiCS, no que colaboran os Museos Científicos Coruñeses, a Domus organiza 10 talleres gratuítos sobre tecnoloxía, ciencia e arte dirixidos a mozos de entre 15 e 18 anos. O primeiro deles tivo lugar o pasado 26 de xuño, e os nove restantes realizaranse entre o 25 de outubro e o 3 de xaneiro na Domus. O programa de actividades é o seguinte:

Venres 25 outubro, 16.30-20.30: KiiCS-2 Deseñando videoxogos.

Luns 4 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-3 Descubrindo a tecnoarte.

Mércores 6 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-4 Explorando con realidade aumentada.

Martes 12 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-5 Creando robots.

Sábado 23 de novembro, 10.00-14.00: KiiCS-6 Interaccionando con arduino.

Mércores 27 de novembro, 16.30-20.30: KiiCS-7 Montando circuítos.

Luns 2 de decembro, 16.30-20.30: Fabricando con impresoras 3D.

Venres 27 de decembro, 16.30-20.30: KiiCS-9 Creando con… o voso taller favorito. Taller elixido polo público por votación vía web.

Venres 3 de xaneiro, 16.30-20.30: KiiCS-10 Creando con… o voso taller favorito. Taller elixido polo público por votación vía web.

Para inscribirse nos talleres é preciso enviar un correo electrónico, a partir das 9.00 do luns 14 de outubro, adomus@casaciencias.org . O escrito debe incluír nome do participante, os talleres nos que se quere inscribir, idade, teléfono e dirección de correo electrónico.

Ademais pode participarse no concurso KiiCS, e gañar unha viaxe para contar o teu proxecto nunha feira científica.  

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*