XIV Xornada de Expresión Oral ‘Tíralle da Lingua’

tiralle-da-lingua-3Organizado pola AS-PG. O 16 de novembro no IES Fontiñas de Santiago de Compostela.

Matrícula: Desde 14/10/2013 até 14/11/2013(o formulario de matrícula estará activo só entre esas datas).
Calendario: Desde 16/11/2013 até 16/11/2013.

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas.
Lugar de celebración: IES As Fontiñas, Santiago de Compostela
Número de prazas: 100
Prazas para persoas que nunca traballaran como docentes en centros públicos ou concertados da Consellería de Educación:
Prazas reservadas: 25% Número máximo de prazas: 25%
Coordenadores: 32792466D 33230641B
Modalidade formativa: Xornadas
Obxectivos previstos:
-Transmitir no profesorado a importancia que o factor oral ten na recuperación e uso da lingua. -Proporcionar aos/ás asistentes técnicas básicas para estimular e traballar a oralidade nas aulas.
-Dar pautas para a creación de historias ou ben para recrear historias de carácter popular.
-Traballar aqueles aspectos básicos da comunicación oral e intentar introducir novas formas de comunicación.

Contidos:
09:45h – 10:00 Recepción e entrega de material

De 10:00 a 12:00 ACHEGARSE AO GALEGO A TRAVÉS DA ESCRITA LITERARIA. Francisco Castro, escritor. Posibilidades da Escrita Creativa na aula como ferramenta para traer á mocidade para a nosa lingua. Partindo da base de que todos e todas podemos escribir, demostraremos como a través de propostas lúdicas, festeiras, rigorosas no estético pero desenfadadas na forma, podemos seducir ao alumnado para atreverse a escribir historias, a fabricar versos, a soñar mundos de palabras… en galego.

De 12:00 a 14:00 FALAR A TRAVÉS DO “PODCAST”. Pilar Ponte Patiño, profesora de ensino secundario. Utilizar o Podcast como ferramenta de comunicación, transmisión e creación de contidos educativos. Aplicación ás clases de lingua.

De 16:00 a 17:30 CONTAR HISTÓRIAS: AS ADOAS VAM TODAS NUM FIO. Quico Cadaval, contador de historias, dramaturgo e diretor teatral. Espectáculo magistral de Quico Cadaval onde revelará todos os seus truques, e recomendará nom utilizá-los e que cada um procure os seus. Haverá algumha homenage ás formas canónicas da narraçom e algumha receita para a memória épica.

De 17:30 a 19:00 A CREACIÓN DRAMÁTICA NO ENSINO. METODOLOXÍA PRÁCTICA. Fran Godón, profesor de ensino secundario e especialista en arte dramático. Este obradoiro tenta ofrecer recursos útiles para a creación dramática no ensino. Baséase na aplicación dunha metodoloxía práctica, asentada na dramación, que contribúa ó desenvolvemento creativo do alumnado e que favoreza o control e a expresión física.

De 19:00 a 20:00 MÚSICA GALEGA CONTEMPORÁNEA E EXPRESIÓN ORAL. Pablo Carracedo Goldar, mestre de educación primaria e musical. A música galega contemporánea como ferramenta na aula para traballar a expresión oral, a lingua e a literatura

Ás 20:00 Clausura

Metodoloxía que se vai empregar:
-Realización práctica de actividades arredor da escrita creativa, da actividade escénica e a música como recursos nas clases de lingua e literatura.
-Pautas concretas sobre usos das tecnoloxías para fomentar o uso oral nas aulas.
-Presentación de recursos útiles para a narración oral.

Plano de avaliacion da actividade:
-Asistencia ao 85% das horas.
-Seguimento do desenvolvemento da actividade.
-Cumprimentación dunha enquisa por parte dos/as asistentes.

Destinatarios: Profesorado do ensino non universitario e futuros ensinantes do ensino non universitario.
Criterios de selección: Por rigorosa orde de inscrición en www.as-pg.com , tendo preferencia os socios/as da AS-PG.

Importe da matrícula e tipos:
Socias/os da AS-PG : 11 €
Paradas/os : 21 €
Normal : 31 €

Formulario de matrícula na web da AS-PG

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*