Simon Norfolk: Xenocidio, Paisaxe, Memoria

simon-norfolkMostra do traballo realizado por este fotógrafo de prensa e destacado representante do actual fotodocumentalismo. En Lugo.

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) presenta, en colaboración co Concello de Lugo, a exposición “Genocidio, Paisaje, Memoria”, unha importante mostra do traballo realizado polo fotógrafo de prensa, e destacado representante do actual fotodocumentalismo,Simon Norfolk

A mostra inclúe unha seleción de 65 imaxes pertencentes a cinco series fotográficas, que forman parte dun proxecto máis amplo, auténtico work in progress, chamado “Et in Arcadia ego”. As fotografías, realizadas tras os atentados do 11 de setembro de 2001, ofrecen unha mirada reflexiva sobre a decadencia e o desmoronamento dos imperios, sobre os lugares en conflicto e os espazos devastados pola guerra. Simon Norfolk plasma en imáxes as paisaxes resultantes da brutalidade e a barbarie da actividade bélica: os campos de batalla, as cidades arrasadas e os desfeitos esparcidos da guerra.

A estrutura da exposición, o deseño do percorrido e a presentación das obras son clave para a correcta percepción e análise do traballo de Simon Norfolk. As cinco series están dedicadas a documentar a devastada paisaxe polos conflitos de Afganistán, Bagdad, Bosnia, Beirut e Israel/Palestina, e teñen unha xenealoxía e execución similar, xerando un discurso de extraordinaria coherencia, no que se delata a necesidade do artista de crear unha imaxinería que axude á construción dunha conciencia que reflexione sobre los conceptos de historia e memoria.

Ata o 2 de novembro aberta ao público no Museo Interactivo da Historia, en Lugo.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*