Libros inmortais, instrumentos esenciais

libros-inmortais-exposicionSelección das obras bibliográficas sen as cales non sería posible explicar a historia da ciencia. No MUNCYT, na Coruña.

Vinte e seis son os libros que se presentan na exposición Libros inmortais, instrumentos esenciais, comezando por Hipócrates e terminando polo xenetista Thomas Morgan, e pasando por obras únicas de luminarias como Euclides, Vesalio, Copérnico, Galileo, Newton, Lavoisier, Lyell, Darwin, Ramón y Cajal, Curie ou Einstein. Pero aínda que nos detemos nos libros, non só deles se ocupa esta exposición; tamén están os instrumentos, seica non tan inmortais como os libros que se expón, pero si esenciais.

Libros inmortais, instrumentos esenciais é unha exposición producida polo Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía na que se exhibe unha selección das obras bibliográficas sen as cales non sería posible explicar a historia da ciencia.

Na mostra preséntanse 26 obras fundamentais que serviron para articular o que é hoxe a anatomía da ciencia moderna. Pode afirmarse que os seus autores son os pais da ciencia, que na súa obra e as súas ideas están as claves do desenvolvemento da ciencia desde a antigüidade ata os nosos días. Na exposición están as esencias de todas as revolucións que tiveron lugar en todas as ramas da ciencia. Exponse ademais, un conxunto de instrumentos científicos da colección do museo, asociados a cada unha das obras.

O espazo expositivo atópase dividido en vinte e seis módulos, cada un dos cales está dedicado a unha obra e o seu autor. Preséntase aos visitantes unha breve biografía, un singular exemplar bibliográfico da obra seleccionada, xunto coa súa tradución ao castelán, no caso de que exista, e un instrumento científico relacionado coa materia.

Máis información: Catálogo da exposición (.pdf)

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*