Comeza ‘Recíclate con Sogama’

Illas de reciclaxeInvolucrará este curso a máis de 1.300 escolares na correcta xestión dos residuos urbanos a través das tres reglas básicas que contempla a normativa vixente na materia: reducir, reutilizar e reciclar.

“Recíclate con Sogama” é unha iniciativa educativa dentro do Plan Proxecta da Xunta de Galicia e coa que se pretende formar ao alumnado na correcta xestión dos residuos urbanos, tanto nas aulas como nos fogares, dándolles traslado das boas prácticas contempladas polo principio comunitario dos tres erres e a través do cal se pregoa a redución, a reutilización e a reciclaxe como soportes básicos e esenciais do tratamento final do lixo producido

O programa “Recíclate con Sogama 2013-2014” reúne 17 centros de primaria das catro provincias, sumando a máis de 1.300 escolares. Trátase dos seguintes: pola provincia da Coruña, o CEIP Plurilingüe San Xoán de Filgueira”, en Ferrol, o CPI Plurilingüe de Fonte-Díaz, en Touro, o CEIP Mestre Rodríguez Xixirei, en Santiago de Compostela, e o CEIP de Escarabote, en Boiro; pola provincia de Lugo, o CEIP das Nogais, en As Nogais, o CPR Plurilingüe Nosa Señora da Asunción, en Sarria, e o CEIP Santa María, en A Fonsagrada; pola de Ourense, o CEIP Vicente Risco, de Cualedro, e o CEIP Xosé Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras; e pola provincia de Pontevedra, o CEE Príncipe Felipe, de Pontevedra, o CEIP Plurilingüe Nantes, de Sanxenxo, o CEIP O Pombal, de Vigo, o CEIP Plurilingüe de Tirán, en Moaña, o CEIP de Atín-Cela, en Mos, o CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, en As Neves, o CEIP do Foxo, en A Estrada, e o CEP Sabarís, en Baiona.

Os centros seleccionados serán dotados coas denominadas “illas de reciclaxe”, espazos conformados por tres contedores de recollida selectiva (amarelo, azul e verde convencional) para que profesores e alumnos poidan depositar de forma segregada os seus residuos. Ademais, aos colexios que dispoñan de servizo de comedor, subministraráselles un composteiro para a fabricación de abono natural a partir da materia orgánica xerada nos mesmos. Os centros contarán co apoio permanente de Sogama, tanto a nivel técnico, mediante as inspeccións relativas á calidade do material depositado nos distintos recipientes que integran as illas, como a nivel didáctico e divulgativo, proporcionando a formación necesaria. O obxectivo é que os hábitos de selección do lixo se instauren na vida diaria da comunidade educativa e que se extrapolen igualmente ao ámbito familiar, dándolle desta forma continuidade.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*