Iniciativa de Adega para escolares en Lugo.
O colectivo Adega ofreceralles aos escolares participantes de Lugo unha visión valorizadora do seu contorno máis inmediato co obxectivo de suscitar debates sobre a importancia das nosas accións como cidadáns individuais no mantemento, protección e posta en valor do seu pobo.
O obradoiro estará organizado e financiado pola Deputación de Lugo, polo que será de balde. Será impartido por ADEGA o sábado, 9 de novembro, no Centro de Interpretación Terras do Miño (río Rato) de Lugo, de 12 a 14 horas.
Aínda quedan prazas! Pódense inscribir a esta actividade nenos e nenas de 6 a 12 anos, no formulario que aparece na seguinte ligazón do web da Deputación:
http://www.deputacionlugo.org/formulariosDeputacion/terrasmino_riorato13.html