Percorrido polo museo coruñés a través de diversos retos e actividades.
Dentro da oferta de actividades para o curso 2013/2014 do MUNCYT:
“Desafío MUNCYT“
Percorreremos o museo a través dunha serie de retos e actividades onde os participantes, co apoio dos divulgadores, irán descubrindo por si mesmos cousas asombrosas que esconden as nosas exposicións.
Duración: 1 h 30 min.
Máximo por grupo: 125 persoas
Idade: a partir de 6 anos
Visita guiada
Visita ás salas expositivas do museo. O percorrido realizado variará en función da idade e características do grupo.
Duración: 1 h 30 min.
Máximo por grupo: 125 persoas
Idade: todas
Visita guiada + taller
Visita guiada ás pezas máis destacadas do museo, acompañada da realización dun taller a elixir entre os que ofertamos máis abaixo.
Duración: 1 h 30 min (45 min visita e 45 min taller)
Máximo por grupo: 125 persoas (o aforamento de cada taller é de 50 asistentes. Se o grupo supera os 50 deberá reservar dous ou tres talleres diferentes, segundo corresponda)
Idade: a partir de 3 anos (segundo taller)
Obradoiros
Helicópteros (ata 9 anos): Aprender aeronáutica con helicópteros de papel.
Flip-books (ata 12 anos): Experimentos con debuxos animados e a maxia do cine.
Vidriera de Peteiro: Sesión de xogos de observación e habilidade de cálculo no salón do museo.