Centro de Interpretación da Batalla de Rande

batalla-randeRedondela acolle este novo espazo museístico que tamén fai repaso do patrimonio industrial da zona.

Dous actores participaron esta semana no evento de inauguración do que xa é novo Centro de Interpretación da Batalla de Rande. Deste xeito, axudaron ao público a viaxar deica o ano 1702 e imaxinar o tempo da famosa batalla naval que enfrontou a españois e franceses dun lado e ingleses e neerlandeses da outra banda.

A recreación de escenarios da batalla, con canóns incluídos e un percorrido por paneis explicativos guían os visitantes polo conxunto de salas onde non podía faltar tampouco a evocación do tesouro de Rande. O proxecto foi coordinado por Xurxo Constenla, da Asociación Cultural de Rande (ADCR). O novo museo está na coñecida como “fábrica do Alemán”.

Horario: martes a venres de 9.30 a 14.30 e sábados e domingos de 10 a 14.00 e 16.00 a 19.30. Visitas guiadas baixo reserva previa no teléfono: 986 45 88 91

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*