O Ritalin ou metilfenidato, mellora o rendemento escolar?

ritalin-problemasUn estudo advirte dos problemas a longo prazo da administración deste tipo de fármacos a menores.

A administración de metilfenidato en nenos está asociada a un deterioro do rendemento escolar a longo prazo, así como ao aumento de trastornos do estado de ánimo (depresión) e de problemas de convivencia cos pais. Estas son as conclusións dun estudo preliminar que realizou un seguimento prolongado sobre os efectos que ten a medicación nunha ampla mostra de nenos con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividad (TDAH).

A prescripción de metilfenidato (Ritalin no seu nome comercial) en nenos con TDAH é unha práctica habitual apoiada nos supostos beneficios que posúe este psicoestimulante para diminuír a activación e facilitar a concentración do neno, o que á súa vez debería reflectirse en melloras do seu rendemento escolar. No entanto, a literatura científica en TDAH é escasa ou inexistente en canto á comprobación dos efectos do metilfenidato a longo prazo nesta poboación.

Co obxectivo de poñer luz sobre este tema, un equipo de investigadores dirixidos por M.J. Currie (economista da Universidade de Princeton), analizou os efectos do metilfenidato no rendemento escolar e o nivel de benestar de máis de 15.000 nenos, ao longo dun periodo de 14 anos. Específicamente, os investigadores examinaron no ano 1994 a máis de 16.000 nenos, de entre 0 e 11 anos, e cada dous anos foron evaluando o seu progreso, ata o ano 2008. A mostra localizada no último seguimento compúxose de 9.818 nenos, aos que se avaliou a presenza de síntomas de TDAH, trastornos emocionais, rendemento escolar e problemas de comportamento.

Os resultados, publicados a través da Oficina Nacional de Investigación Económica de Cambridge (National Bureau of Economic Research), apuntan que o consumo de metilfenidato asociouse a unha diminución significativa no rendemento escolar, un aumento da probabilidade de repetir curso e a peores puntuacións en matemáticas, sobre todo, nos nenos fronte ás nenas. Así mesmo, observouse un incremento significativo de sentimentos de infelicidade e de problemas de convivencia cos pais, sendo estes efectos máis notables no grupo de nenas que no de nenos. Co paso do tempo, o mantemento da administración de metilfenidato asociouse a unha maior probabilidade de abandono escolar en nenos, así como a unha maior presenza de trastornos do estado de ánimo -neste último caso, especialmente no grupo de nenas-.

Os autores conclúen que, aínda que non é posible determinar se os nenos avaliados estaban recibindo a cantidade óptima de fármaco, os datos suxiren que o consumo no tempo de metilfenidato pode dar lugar a resultados adversos, con graves repercusións no funcionamento social destes nenos (fracaso escolar, ideación suicida, problemas de convivencia familiar, etc).

En opinión dos propios investigadores, estes posibles efectos negativos a longo prazo poderían explicarse, en parte, a que estes nenos se atopan “desatendidos”, posto que o tratamento farmacolóxico do TDAH converteuse na única vía de tratamento, substituíndo outros tipos de intervencións de tipo cognitivo-conductual, que poderían achegarlle de xeito complementario importantes beneficios ao neno para mellorar a súa capacidade de aprendizaxe e o seu nivel de benestar emocional.

Bibliografía:
Currie, J.,Stabile, M., Jones, L.E. (2013). Do Stimulant Medications Improve Educational and Behavioral Outcomes for Children with ADHD? National Bureau of Economic Research, Working Paper 19105.

O artigo orixinal: http://www.nber.org/papers/w19105

Fonte: Consello Xeral da Psicoloxía

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*