Ollos de Aula: Nº10

ollos-de-aula-10Nova entrega da revista da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.

Cando se pode falar de acoso escolar?
Responde á pregunta Nuria Míguez Mon [Orientadora do CPI Aurelio Marcelino Rey García (Cuntis – Pontevedra)]

A coeducación, a mellor das herdanzas,
artigo de Mª Sonia Fernández Casal [Docente de Matemáticas no IES Fontexería (Muros-A Coruña)]
“Lonxe de botarlles a culpa ás familias, especialmente ás mulleres, como responsables de perpetuaren o machismo –argumento inxusto onde os haxa, pero que se escoita acotío–, cómpre reivindicar a capacidade de cambiar a sociedade dende as pequenas accións do día a día, especialmente cando afectan ás nenas e nenos do presente, persoas adultas do futuro(…)”

Proxecto Interdisciplinar,
por Lines Salgado
“Nos boletíns de notas de 1º da ESO aparece unha materia denominada Proxecto Interdisciplinar que moitas veces provoca certo desconcerto entre as familias, pois non se sabe moi ben que é nin que se fai nela (…)”

Ademais, Gracia Santorum achega propostas para facer, ler e escoitar.

Por último, recomendámosvos o artigo editorial ‘A roupa de domingo‘. Aquí un extracto:
“(…) ás veces semella que os equipos de normalización fican reducidos a unha especie de comisión de festas (…) deixando nun segundo plano outras angueiras máis evidentes, como a necesaria promoción da lingua no día a día, tanto dentro das aulas como fóra delas (…)”

Para descargar: Número 10 de Ollos de Aula (.pdf)

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*