Certame de curtametraxes de Educación Viaria

raceDirixido a menores de 14 anos. O prazo de participación estará aberto deica o mes de maio.

Os centros xa poden comezar a preparar os seus traballos. Non será ata o mes de xaneiro cando poidan ser subidos á plataforma. A continuación, abrirase prazo de votación entre xaneiro e maio de 2014 desta segunda edición dos ‘Premios Nacionais de Curtametraxes de Educación Viaria’ co obxectivo de consolidarse como actividade de referencia na comunidade educativa, unindo as artes escénicas e a educación vial nunha actividade formativa dirixida ao alumnado.

Como principais novidades deste ano destacar:
– Cada colexio poderá presentar un máximo de 3 videos.
– A duración da curtametraxe nesta edición será de entre 30 segundos e 1 minuto de duración.
– Os premios económicos para os 3 centros escolares gañadores elévanse a 6.000, 3.000 e 1.500 euros respectivamente.

As datas a ter enconta son:

22 de outubro de 2013: APERTURA do concurso, momento a partir do cal os centros educativos interesados poden comezar a preparar os seus traballos.
23 de xaneiro de 2014: data a partir da cal poden subir videos en www.premioseducacionvial.com para ser votados polos internautas. Recordade que canto antes se suban os videos máis posibilidades hai de obter un maior número de votos.
15 de maio de 2014: data límite de presentación de videos e votacións
Xuño de 2014: Acto de entrega de premios na Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas en Madrid.

O certame está organizado pola asociación RACE e a empresa Good-Year, coa colaboración da Dirección Xeral de Tráfico (Ministerio de Interior) e a Secretaría de Estado para a Educación, Formación Profesional e Universidades (Ministerio de Educación, Cultura e Deporte), entre outros.

No espazo de material didáctico da web oficial do concurso poden atoparse recomendacións para a elaboración dos vídeos, vídeos propostos para ser visualizados e outros recursos.

E velaquí o gañador da primeira edición:

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Como era a condución na época de Don Quijote? | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*