Acto da Asociación Arela, o 23 de novembro, para celebrar o Día Internacional dos dereitos dos nenos e as nenas
Malia que oficialmente é este mesmo mércores 20 de novembro cando celebraremos o Día Internacional dos dereitos dos nenos e as nenas, a Asociación Arela aproveitará a fin de semana para a convocatoria dun acto especial en Santiago de Compostela, nas instalacións do Museo do Pobo Galego, para esta conmemoración.
Será entre as 17 e as 19h, baixo o lema “Os seus dereitos, o noso deber”, e con el a asociación quere tamén clausurar as actividades vencelladas ao seu 15 aniversario como colectivo. Será un acto aberto á sociedade en xeral co que se pretende sensibilizar á sociedade sobre a situación dos nenos, nenas e adolescentes que se atopan en Galicia en situación de desprotección familiar e/ou conflito social e difundir o traballo que realiza Arela en Galicia con este colectivo.
No acto atoparedes diferentes actividades que serán do interese de nenos, nenas e adultos:
· Un photocall solidario.
· Obradoiros para nenos e nenas.
· O espectáculo “Peter Punk e o neno imperdible”.
· A presentación da “Campaña Arelas Solidarias, a través da que diferentes comercios involúcranse na difusión das actividades de Arela.
E moitas sorpresas máis.
Máis información en:
· Páxina de Facebook de ARELA: https://www.facebook.com/events/593676407367419/
· Páxina web de ARELA: http://www.arela.org/Noticias/2013-11-12-10-46-47.html