Os Trebón visitan Sogama

portada-librocolorearBrinca ao papel esta familia de personaxes adicados a aprender como facer un mundo máis sostible.

Sogama acaba de editar un libro infantil protagonizado polos Trebón, unha familia de extraterrestres (Anselmo, Carola, Lucas e o can Antenas) que, tras unha aterraxe forzosa na terra, descobre, aprende e comparte cada día os comportamentos a adoptar para lograr, xunto cos seus amigos Vito, Lilia, o profesor Uxío e o gato Evaristo, un planeta verde e sostible.

Os Trebón, personaxes creados pola firma Ronsel de Ideas, estreáronse nos programas educativos dos distintos centros escolares galegos a través dos videocontos de corte ambiental promovidos por esta empresa pública, constituíndo estes un elemento didáctico de peso para a interiorización, por parte dos pequenos, das boas prácticas vinculadas á protección d contorno; é o caso do correcto uso das papeleiras e contedores, a axeitada aplicación do principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), o aforro enerxético, a conservación da paisaxe e, en definitiva, todo o que ten que ver coa sostibilidade e os comportamentos responsables no ámbito medioambiental.

O libro diríxese fundamentalmente aos máis pequenos, xa que, debido á súa curta idade e dadas as estritas normas de seguridade que rexen nas instalacións da entidade, non poden adentrarse fisicamente nas mesmas, permitíndolles desta forma coñecer a súa actividade. O libro estase a distribuír xa entre o alumnado máis pequeno dos distintos colexios galegos. Ademais, o contido tamén poderá ser descargado polos interesados a través da páxina web da entidade (www.sogama.es), ou ben do portal educativo Caderno Verde (www.cadernoverde.com)

Entretemento, diversión e pedagoxía
A idea de editar unha publicación destas características obedece fundamentalmente a que os pequenos, debido á súa curta idade e dadas as estritas normas de seguridade que rexen nas instalacións de Sogama, non poden adentrarse fisicamente nas mesmas, precisando para isto dun soporte didáctico e pedagóxico que lles permita coñecer, co maior realismo, a actividade que leva a cabo Sogama e o proceso técnico ao que se somete o lixo producido nos seus fogares.

De feito, tanto os Trebón como o profesor Uxío, Tito, Lilia, o can Antenas e o gato Evaristo, desprázanse á infraestrutura central da Sociedade en Cerceda para ver, en primeira instancia, a planta de clasificación de envases, onde se reciben os materiais depositados pola cidadanía nos contedores amarelos, procedendo á separación dos mesmos por tipoloxías e posterior envío aos centros recicladores.

O libro conclúe cunha serie de viñetas para colorear por parte dos pequenos, reforzando así os coñecementos adquiridos e dando renda solta á súa creatividade e imaxinación.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*