‘Science’ premia un profesor de Física pola súa ferramenta para explicar a radiactividade

Estudantes debate se as mazás nun prato antigo con radiactividade se convirten en radiativas / Rebecca Gage
Estudantes debate se as mazás nun prato antigo con radiactividade se convirten en radiativas / Rebecca Gage
Asegura que co seu método ata os non interesados en ciencias queren estudar física.

Andy Johnson, dos Estados Unidos, foi galardonado pola revista Science por un software para que os seus alumnos entendan mellor os procesos radiactivos. Johnson opina que “está moi ben que os profesores estean dispostos a probar outros métodos, pero o máis importante é que sexan científicos na súa forma de ensinar”. Asegura que co seu método ata os non interesados en ciencias queren estudar física.

Cando o profesor de física Andy Johnson empezou a dar clases a universitarios atopou difícil facer que as súas explicacións chegasen ao alumnado dunha forma efectiva. Por iso, dedicou anos a investigar e estudar sobre o mellor xeito de ensinar esta materia. Agora, Johnson resultou gañador do premio de Science para proxectos que fomenten o ensino mediante a investigación por desenvolver unha ferramenta de software que axuda o alumnado a entender como funciona a radiactividade.

O premio da revista busca promover novos métodos para mellorar a ensinanza da ciencia e fomentar a curiosidade natural dos estudantes. “Os estudantes que non elixiron ciencias tamén se enganchan con estas clases e moitos deciden apuntarse a cursos de Física”

Na actualidade, este profesor e doutor en novos métodos de ensino da Física traballa na Universidade de Black Hills (Dakota do Sur, EUA) e creou un simulador informático que lle permite ao estudantado “construír” átomos, ver a forma na que os ións se atraen e se repelen, e como os isótopos inestables estoupan.

Segundo explica Andy Johnson a SINC, con este novo método, “os estudantes saen da aula cunha maior comprensión da radiación e do mundo a escala atómica. Tamén desenvolven habilidades de razoamento científico. Ademais, os que non elixiron ciencias tamén se enganchan con estas clases e moitos deciden apuntarse a cursos de física”.

Explorar e investigar
Un dos puntos culminantes das súas clases prodúcese cando Johnson coloca na aula antigüidades contaminadas con radiactividade, rochas e produtos radiactivos dispoñibles no mercado, e os contadores Geiger viran tolos.

Ao principio os estudantes móstranse aprensivos cando o profesor lles pide tocar un obxecto radiactivo durante un minuto, pero logo aprenden que a cantidade de radiación que chega aos seus dedos é aproximadamente a mesma que poderían alcanzar en oito horas sen tocar ningunha fonte radiactiva.

“A ferramenta fai que o alumnado poida medir e explorar o funcionamento da radiactividade nas súas aulas ou nas súas casas, e permítelles confrontar conceptos erróneos en torno a este fenómeno”, destaca Melissa McCartney, editora asociada de Science.

Johnson tamén comenta a SINC que ?está moi ben que os profesores estean dispostos a asumir riscos e probar outras técnicas, pero o máis importante é que sexan científicos na súa forma de ensinar, da mesma forma que o son nas súas investigacións?.

Material listo para descargar
Na súa opinión, o profesorado deben buscar os coñecementos máis actuais sobre o ensino da ciencia. “Todas as diferentes ramas científicas teñen comunidades activas de investigadores que están descubrindo que certos métodos, incluída a experimentación, son moito máis eficaces na promoción da aprendizaxe”.

Os materiais desenvolvidos polo profesor están dispoñibles de forma aberta para aqueles que estean interesados en descargalos.

Actualmente, Andy Johnson, está traballando en “novas ferramentas sobre os conceptos básicos das ondas mecánicas para ver se isto axuda o estudantado a comprender a radiactividade”

O profesor tamén quere investigar sobre novos métodos para ensinar sobre sustentabilidade e cambio climático, “algo moi necesario e sobre o que non se fixo gran cousa; é un campo que me interesa moito explorar no futuro”.

Referencia bibliográfica:

“Radiation and Atomic Literacy for Nonscientists”

Fonte: SINC

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*