Turismo ornitolóxico: boas prácticas

seo-birdlife-ornitoloxiaSEO/BirdLife achega diversos materiais para adentrarnos con sentidiño na observación e coidado das aves.

Cada vez esperta máis interese na sociedade o chamado turismo ornitolóxico como parte da actual oferta de turismo de natureza. A beleza e diversión deste tipo de actividades atraen progresivamente a un maior número de persoas no seu tempo libre, e a observación das aves aparece como unha atractiva posibilidade no devezo por un maior contacto coa natureza e o mundo rural, no marco de paisaxes ben conservadas, afastados da masificación, das présas ou da contaminación das cidades, onde coñecer, e vivir, actividades ou usos tradicionais e gozar da súa biodiversidade e os seus recursos naturais.

Estamos asistindo aos primeiros pasos de múltiples iniciativas, e á consolidación de moitas outras, tanto públicas como privadas, dirixidas á promoción do turismo ornitolóxico, especialmente nas comunidades autónomas con maior recurso e tradición na materia, aínda que o fenómeno é xa xeneralizado con iniciativas moi interesantes noutras.

Dado que estamos falando da “explotación” turística, con todo o que implica, dun recurso vivo e fráxil, a implicación de SEO/BirdLife no tema, como organización que traballa pola conservación das aves e as súas hábitats, resulta obrigada. Pero ademais, a implicación e achega de SEO/BirdLife neste tema é tamén importante, e útil, como organización de potenciais consumidores especializados desa oferta turística.

Neste eido, recomendamos dous materiais que poden ser consultados e descargados libremente na web do colectivo:

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*