O IES Torrente Ballester gaña o Premio ‘Vicente Ferrer’ de Educación para o Desenvolvemento da Aecid

ies-torrente-ballesterPolo proxecto Escolas sen Racismo, promovido no centro pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz.

O IES Gonzalo Torrente Ballester, de Pontevedra, resultou galardoado co Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento ‘Vicente Ferrer’ polo proxecto Escolas sen Racismo, promovido no centro pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONGD Asemblea de Cooperación pola Paz. A Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento -adscrita ao Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación- e o Ministerio de Educación outorgan o devandito recoñecemento, este ano na súa edición especial 25 Aniversario da Aecid.

A experiencia premiada levouse a cabo no instituto pontevedrés durante o curso 2012/2013 co cofinanciamento da Xunta de Galicia e centrouse na educación en valores a través dun obradoiro de televisión, que culminou coa gravación dun programa no que se incorporaron reportaxes sobre comercio xusto, migracións, a comunidade xitana ou o alumnado con discapacidade. Tamén se traballou nas aulas sobre o Manifesto das Escolas sen Racismo, Escolas para a Paz e o desenvolvemento, e coa Declaración Universal dos Dereitos Humanos, tarefa da que resultaron murais e poemas.

Máis información na web da Coordinadora Galega de ONG

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*