Obradoiro de novas tecnoloxías e aplicacións para as persoas con autismo

asociacion-capaces-lugoEn Lugo. O venres 13, organizado pola asociación Capaces.

A asociación Capaces Lugo, coa colaboración de Personas WIP e o formador Iago Corral, organiza o seu segundo obradoiro de novas tecnoloxías sobre o uso de tablets para a educación e a comunicación destinados a familias que teñen algún membro con autismo, así como a profesores e orientadores educativos.

Tras un primeiro obradoiro de achegamento, este segundo taller dedicarase a coñecer as aplicacións dispoñibles para dispositivos Android en materia de educación (lectoescritura ou matemáticas) e comunicación alternativa e aumentativa. Debido aos problemas na comunicación e na comprensión da linguaxe que presentan as persoas con autismo, a utilización de tablets con aplicacións específicas supón unha grande axuda para as súas familias e os profesionais que traballan con elas.

O obradoiro terá lugar mañá venres ás 19h da tarde nas instalacións de Personas WIP (Ronda da Muralla, 89) e será impartido por Iago Corral, mestre e socio de Tadega. Terá un custo de 15 euros para o público e 5 euros para os socios de Capaces Lugo.

As persoas interesadas poden contactar con Capaces Lugo en capaceslugo@gmail.com ou no teléfono 626 213 990, ou ben con Personas WIP no 982 255 187.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*