Pesdelán leva a música e o baile a Teo este sábado

pesdelanAo ritmo do seu do seu disco ‘Na punta do pé’.

Este sábado día 14 de decembro os grandes músicos e bailadores/as do grupo Pesdelán farannos mover os pés na Ramallosa (Teo). Ademais de escoitar, participaremos nel, con entrada de balde e por partida dobre.

Así, no auditorio da Ramallosa e ás 12:00 horas, públicos de todas as idades e condicións físicas poderán aprender a bailar e cantar no obradoiro de baile tradicional que Pesdelán porá en marcha, para ás 18:00 no mesmo auditorio, poder recuncar xa cun concerto no que bailar o aprendido pola mañá ou, simplemente, desfrutar da música destes grandes artistas. Para todos os públicos e con entrada de balde ambas as dúas propostas, será un xeito novidoso de pasar o día en familia. Unha proposta didáctica dirixida por Mercedes Prieto e Montse Rivera coa produción musical de Pedro Pascual e colaboracións como Guadi Galego ou Celina Piedade. O traballo publicado en Galicia e Portugal (Pezinhos de lã) pola editorial Kalandraka conta ademais coas ilustracións de João Vaz de Carvalho.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*