Tesouros vivos do mar

tesouros-vivos-mar-aguardaO Concello de A Guarda e a asociación pedagóxica e cultural Ponte nas ondas presentan este xoves 12 o proxecto no Museo do Pobo.

Será este xoves, 12 de decembro, ás 18:30 hs. O Concello de A Guarda e a asociación pedagóxica e cultural Ponte… nas ondas! organizan a presentación e a proxección de “Tesouros vivos do mar”.

Programa:

18:30_ Presentación do Proxecto “Tesouros vivos do mar”. Recuperación e transmisión do Patrimonio Marítimo Inmaterial do Concello de A Guarda.

19:00_ Proxección do filme documental “Tesouros vivos do mar”

O proxecto realizado no Concello de A Guarda, entre novembro de 2012 e setembro de 2013, consistiu na realización dun estudo e inventario das persoas e grupos de portadores da cultura marítima que se poden considerar “tesouros vivos” do patrimonio marítimo.

Este proxecto, presentado polo Concello de A Guarda, que forma parte do GAC 7 Ría de Vigo – A Guarda, obtivo deste organismo parte do financiamento para a súa execución. A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! foi a encargada de realizar os traballos que se contemplaban no proxecto inicial. Tal como se recollía no plano presentado, contouse coa colaboración  da Confraría de Pescadores Sta. Tecla de A Guarda, a Asociación de Redeiras Atalaia do Baixo Miño e a Organización de Palangreiros de A Guarda. Os centros educativos foron e serán partícipes deste proxecto, levando ás aulas os saberes destes “tesouros vivos”. Un equipo profesional encargouse de documentar as entrevistas con estas persoas e grupos para a relación dos traballos finais.

Se hai espazos onde a vida estivo asociada ao mar, A Guarda ten probas evidentes e documentadas da relación das comunidades humanas co mar. Desde o achado paleolítico de Camposancos, camposanquense, aos cuncheiros presentes nas ladeiras do monte Santa Trega encontramos abundantes pegadas da relación co hábitat marítimo.

O “Cabo do mundo” ou “Boca do Miño” presenta un espazo delimitado claramente como unha cala pechada polo norte coas penas da Robaleira e polo Sur co malecón do Baloeiro. A Vila foise sobrepondo á  baixa na que tradicionalmente viviron os mariñeiros no barrio da Marina. Da vila de A Guarda temos acordos de pesca co Mosteiro de Oia nos séculos XII e XIII.

Máis información na web www.patrimonioaguarda.org

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*