Decálogo da alimentación

Elaborado pola Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria.

Image by pasja1000 from Pixabay

Elaborado pola Asociación Española de Pediatría de Atención Primaria.

1.Unha alimentación completa e equilibrada mantén a saúde e prevén enfermidades. Conséguese cunha dieta variada que inclúa todos os grupos de alimentos. Se os nenos comezan desde o principio a comer de todo, acostúmanse para sempre.

2.A dieta mediterránea é moi sa. Consiste en comer moitos vexetais, froitas, verduras, hortalizas, legumes, cereais (pan, arroz, pasta) e máis aves e peixe que carne vermella. Cociñas con aceite de oliva e pouca sal, mellor iodada.

3.É bo repartir o que se come en 5 comidas. Almorzo, xantar e unha cea lixeira. Ademais, a media mañá e merenda é mellor unha froita fresca ou un bocata que un zume envasado ou bolos industriais. Non fai falta “picar” nada máis.

4.Os nenos aprenden a comer imitando os maiores. Mellor comer a modiño, mastigando ben, sentados na mesa, gozando en familia. Sen tele, porque o neno/a mal comedor distráese e non come, e o que come moito, faino sen darse conta da cantidade que come.

5.Sempre un bo almorzo antes de ir á escola: lácteo, cereais (pan) e froita (unha peza enteira ou zume natural ou tomate) Mellora o rendemento físico e intelectual e evita a obesidade.

6.Todos os días froitas, verduras e hortalizas. Recoméndanse 5 racións ao día. Dúas ou tres deben ser froitas enteiras e a chantadas. É mellor postre ca un lácteo. Non máis dun vaso de zume natural, recén feito, ao día.

7.A auga é a única bebida necesaria e máis sa que calquera refresco, zume ou batido.

8.Evite a comida precociñada (con máis graxas e sal) e os alimentos con graxas saturadas, trans ou hidroxenadas e aceites de coco e palma (lea as etiquetas). Se toma doces e aperitivos salgados que sexa con moderación. Cociñe máis veces á plancha, no forno, por cocción ou ao vapor e menos fritidos, empanados e rebozados.

9.Deixe que seu fillo/a decida canto quere comer. Teña confianza: mellor ofrecer, non obrigar. Os nenos/as comen a cantidade que necesita o seu corpo, non a que nós queremos. A comida non é un castigo, nin tampouco debería ser un premio.

10.Conseguir unha hora de exercicio todos os días: correr no patio, pasear, subir as escaleiras, sacar o can ou ir andando ou en bici á escola. Ademais, 5 veces á semana cando menos, un pouco máis de deporte, máis divertido en compaña.

1 COMENTARIO

Deixa una resposta a Decálogo das vacinas | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*