Escola de nais e pais. 4ª Xornada de Psicoloxía Familiar

xornadas-agora-psicoloxiaNa Coruña. Centro Ágora. Xoves 9 de xaneiro.

Primeira sesión do ano, e penúltima do curso, deste programa do Concello da Coruña. As xornadas céntranse en aspectos do desenvolvemento evolutivo infantil, relacionadas coa educación, o crecemento e a relación entre pais/nais e fillos. Nesta cuarta sesión preténdense asentar as bases xerais do desenvolvemento evolutivo infantil entre os tres e seis anos de idade.
Imparte: Lucía Cuevas (psicóloga e psicoterapeuta clínica).
“A linguaxe, estrutura, corpo e mente”
Ao finalizar a sesión entregarase material (publicación) que poida ilustrar e/ou completar os aspectos tratados na aula. Cada sesión de “Escola de pais” progresa apoiándose nos aspectos abordados anteriormente, por ese motivo, recoméndase continuidade na asistencia.
Contidos:
– De tres a seis anos.
– A autonomía.
– A capacidade simbólica.
– O arduo traballo de bebé: perda do egocentrismo, época de esplendor da aprendizaxe, a intelixencia emocional, a identidade social, aceptación das normas e da realidade exterior.
– O labor dos pais/coidadores: estratexias que facilitan e acompañan o crecemento. Impulsando a autonomía. Aplacando os medos infantís.
– Adiantándonos ás posibles complicacións ou dificultades desta etapa.

De 18.30 a 20.00 h. Entrada libre ata completar capacidade.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*