Novo recoñecemento para ‘Noite Bohemia’

O grupo da Zalaeta volve gañar o concurso estatal de Teatro Grecolatino.

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte fallou recentemente a convocatoria do VIII Concurso de Grupos de Teatro Clásico Grecolatino, no ámbito da Ensinanza Secundaria para o curso escolar 2012-2013. O primeiro premio na categoría de comedia latina, dotado con 6.000 euros, foi para o Grupo de teatro ‘Noite Bohemia’ do IES Ramón Menéndez Pidal da Coruña, coa obra «Aulularia» de Plauto.

A compañia ‘Noite Bohemia’ está dirixida por Javier Fernández Mariño, con decorados de Jorge López Díaz, e como subliñan na súa web, nas montaxes acostuman a colaborar ademais moitísimas persoas alleas ou cercanas ao grupo. A produtora teatral é Alicia Veres Couto, exdirectora do Instituto de Zalaeta. Noite Bohemia é ademais a columna vertebral da Asociación Cultural Zalaeta. Noite Bohemia ten alumnado de diferentes idades entre os 9 e os 19 anos, aos que distribúe á súa vez en tres subgrupos: Noite Bohemia, Lusco e Fusco e Abrente.

noite-bohemiaO certame premiou tamén na categoría de traxedia grega/latina ou comedia grega ao grupo de teatro «Selene» do IES Carlos III, de Madrid, coa obra «Helena» de Eurípides, e na categoría de montaxe de breves, orixinais ou adaptadas, fábulas, textos dramáticos, mitolóxicos ou históricos ao grupo de teatro «Párodos» do IES Siberia Extremeña de Talarrubias (Badajoz), coa obra «Ser mujer ser: juicio en Micenas». Tamén recibiu premio nesta modalidade o grupo de teatro «Gorgona Blanca» do IES Cañada Real de Valmojado (Toledo), coa obra «Odisea 2013».

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*