‘Veraneantes’

veraneantesNo MARCO. En Vigo, obras de máis de vinte artistas nacidos nas décadas dos setenta e oitenta.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo – MARCO (r/ Príncipe, 54 ) ten aberta desde o pasado outono esta exposición, unha mostra de produción propia que reúne obras de máis de vinte artistas nacidos nas décadas dos setenta e oitenta. O título da exposición alude a esa condición de reencontro que supón un proxecto circunscrito ao noso contexto máis próximo. Na súa acepción literaria, remítenos á peza teatral Veraneantes, que Máximo Gorki estreou en 1904, na que se transmitía a necesidade de cambio na sociedade rusa pre-revolucionaria nun mundo en transformación, onde os personaxes, reunidos en torno a unha discusión, mostran como o ser humano adquire conciencia da súa capacidade para transformar o mundo que o rodea.
Os artistas participantes son: Carlos Álvarez Gil, Carla Andrade, Arrieta/Vázquez, Pablo Barreiro, Misha Bies Golas, Olmo Blanco, Olmo Cuña, Manuel Eirís, David Ferrando Giraut, Pablo Fidalgo Lareo, Amaya González Reyes, Rubén Grilo, Enrique Lista, Loreto Martínez Troncoso, Joan Morera, Doa Ocampo, Montenoso, Gemma Pardo, Lois Patiño, Marta Peleteiro, Kiko Pérez, Miguel Prado, Federico Vladimir Strate Pezdric, Ismael Teira, Mar Vicente, Diego Vites.

A exposición estará aberta ao público ata o 30 de marzo de 2014

Máis información (.pdf)

1 COMENTARIO

  1. […] ‘Veraneantes’, da que xa falamos en Botóns, é unha mostra de produción propia cuxo título alude a esa condición de reencontro que supón un proxecto circunscrito ao noso contexto máis próximo. Na súa acepción literiaria, remítenos á peza teatral Veraneantes, que Maximo Gorki estrenou en 1904. A exposición reúne un conxunto de obras en múltiples formatos e soportes distribuídas por todos os espazos da planta baixa do MARCO, incluíndo intervencións específicas en zonas de tránsito de visitantes no interior e exterior do edificio, e tamén outros ámbitos de actuación como a propia web do Museo ou o menú do MARCO restaurante&café. […]

Deixa una resposta a ‘Aquí e agora’, obradoiros para escolas e familias | Botóns Cancelar resposta

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*