Volve o espectáculo de Berrobambán. Martes 21 e mércores 22. En Santiago.
“A folla máis alta” é un espectáculo de Berrobambán para público infantil que forma parte do “Proxecto Contatrás”, un proxecto que consiste na creación de dous espectáculos: A folla máis alta, para público infantil e Avestruz en terra allea, para público adulto. Estes dous espectáculos están baseados no poemario “Contatrás” de Paula Carballeira editado por Edicións Positivas, coincidindo coa súa segunda edición en papel e a primeira como audio-libro.
É un espectáculo innovador, non só pola súa estética marcadamente contemporánea, senón tamén porque pretende xuntar a través da poesía diversas disciplinas artísticas como a música, o movemento ou as artes plásticas, investigando as diferentes maneiras de usar estas disciplinas para a evocación dos poemas.
Conta cun equipo de dirección coordinado por Paula Carballeira e conformado por Carlos López (músico), Chiqui Pereira (actor), David Loira (bailarín e coreógrafo) Ramón Bermejo (cantante e profesor de técnica vocal) e X. Carlos Hidalgo (ilustrador e deseñador gráfico).
O espectáculo recoméndase para o primeiro e segundo ciclo de Primaria.
As representacións:
Martes 21 xaneiro
10:00 e 12:00
Mércores 22 xaneiro
10:00 e 12:00
No Teatro Principal de Santiago de Compostela
Prezo: 3 euros (de balde para o profesorado)
Contacto e reservas:
Chiqui Pereira 981 573 626 / 695 929 262