Acaba cos teus prexuízos sobre a enfermidade mental

campanha-feafesNas últimas semanas podemos ver en varias cidades e vilas alfún dos carteis desta iniciativa de sensibilización.

A Confederación FEAFES uniuse, xunto a outras entidades líderes en Saúde Mental, á campaña de sensibilización “Acaba cos teus prezuízos” posta en marcha pola compañía farmacéutica Janssen. A través de tres imaxes, preténdese combater tres dos estereotipos máis estendidos sobre as persoas con problemas de saúde mental.

Cunha visión optimista e positiva, nela, contrástanse os prexuízos máis comúns sobre as persoas que teñen un trastorno mental con imaxes que os contradín claramente. “Son pouco sociables”, “non poden traballar”, “son impredicibles” son os tópicos elixidos. O póster explica que “grazas á axuda de profesionais da Saúde Mental e das asociacións de pacientes e familiares, ao acceso ao tratamento adecuado e a integración e aceptación social, as persoas con enfermidade mental poden ter, hoxe en día, unha vida normal”.

Ademais, nos póster ofrécese portais onde atopar información básica sobre saúde mental e formas de coñecer máis sobre este ámbito a través da páxina web www.esquizofrenia24x7.com, así como da web de FEAFES www.feafes.org.

Ademais de FEAFES, outras entidades líderes en Saúde Mental como a Sociedade Española de Psiquiatría (SEP), a Sociedade Española de Psiquiatría Biolóxica (SEPB), a Fundación Española de Psiquiatría e Saúde Mental (FEPSM), a Asociación Española de Neuropsiquiatría (AEN) e o Centro de Investigación Biomédica en Rede de Saúde Mental (CIBERSAM) mostraron a súa adhesión a esta nova iniciativa contra o estigma en saúde mental.

COMPARTIR

1 COMENTARIO

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*