Aberta a convocatoria da Xunta deica o 13 de febreiro de 2014.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública no DOG de onte a orde de convocatoria de axudas aos proxectos de fomento do uso do galego que elaboren os equipos de dinamización da lingua dos colexios e institutos públicos e privados. O prazo para presentar as solicitudes é nos dous casos dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde, polo que remata o día 13 de febreiro para os centros públicos e o 14 para os privados.
Ambas as convocatorias teñen a finalidade de contribuír ao financiamento das actividades que realizan os equipos de dinamización da lingua galega nos centros educativos que imparten ensinanzas regradas de niveis non universitarios. Cada un dos proxectos de fomento do galego presentados será analizado por unha comisión de cualificación que lle outorgará un 80% da puntuación á calidade da proposta e reservará o 20% restante ao número de alumnado con que conte o colexio ou instituto. En función desta valoración, os centros recibirán unha cantidade variable que poderá chegar ata os 800 euros e que deberá destinarse ao desenvolvemento do proxecto.
Máis información – Convocatoria: Axudas para o fomento do galego nos centros do ensino