Avísannos do prazo aberto de solicitude desde este centro de educación ambiental.
O Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) informa da apertura de novo prazo de solicitude para o Programa de Actividades de Educación Ambiental para o curso 2013-2014, dirixido aos centros educativos e outros colectivos interesados de toda Galicia.
No que respecta ás actividades, o CEIDA propón dúas, dirixidas a centros de primaria, secundaria, bacharelato ciclos formativos ou outros colectivos e cun custe único dun euro por participante:
-Roteiros polo Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes (en Oleiros)
-Visitas guiadas á Illa de ASnta Cruz, onde está a propia sede do CEIDA
Doutra banda, hai sete exposicións en préstamo durante un prazo de 3 semanas, onde a entidade solicitante só ten que facerse cargo do custe do seu transporte. Son as seguintes:
OPERACIÓN MONARCA: O marabilloso mundo da bolboreta Monarca e a súa conservación
RESERVAS DA BIOSFERA: As oportunidades e beneficios destas áreas declaradas pola UNESCO.
PRESTIGE: Unha reflexión sobre os problemas ambientais que provocan o actual modelo enerxético.
ÁREAS MARIÑAS PROTEXIDAS: Os beneficios da conservación dos nosos mares
O PATRIMONIO MARÍTIMO DE GALICIA: A cultura galega está íntimamente vencellada ao mar e ás costas
COIDANDO O NOSO MAR: O importante valor natural dos ecosistemas mariños ameazados polas actividades humanas.
O NOSO MUNDO, O NOSO FUTURO, A NOSA OPCIÓN: Como afrontar un dos maiores retos da nosa sociedade. O Cambio Climático.