CADERNO VERDE: 1º CICLO DE PRIMARIA

as-estacions-interior-amigos-vilaverdeO portal educativo de Sogama para as escolas suma unha decena de fichas didácticas transversais para a educación ambiental.

O Caderno Verde é un portal educativo para axudar a introducir as boas prácticas ambientais no currículo escolar. Co lema “Educación para un futuro sostible”, botou a andar durante o curso 2012/2013 este espazo en rede impulsado pola Sociedade Galega de Medio Ambiente (SOGAMA) co apoio da Consellería de Medio Ambiente. A xestión dos residuos urbanos en xeral, e o cometido desta empresa pública en particular, constitúen os eixes centrais sobre os que xiran as distintas actividades recollidas nesta plataforma web. O Caderno Verde nace inspirado baixo o principio dos tres erres (redución, reutilización e reciclaxe) e o traballo no ámbito das actitudes cara á problemática que, a día de hoxe, representa a inxente cantidade de lixo producido e a implicación da cidadanía na súa xestión, tendo en conta que é precisamente a prevención, o consumo racional e a activa participación nos mecanismos de recollida selectiva, os piares que deben sustentar a colaboración da poboación; un xesto absolutamente necesario para garantir o posterior reciclado e, polo tanto, o notable aforro de enerxía e materias primas que este trae consigo.

1º CICLO DE PRIMARIA:

COMPARTIR

3 COMENTARIOS

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*