Un cento de artigos peneirados nunha semana. Aínda non colaborades na Galipedia? Animádevos!
A malla é un antigo traballo agrícola que en moitos casos, e mentres non houbo maquinaria para realizala, se facía en comunidade xa que era un labor moi pesado, e que era moito máis sinxelo de facer coa colaboración dos veciños e familiares. Na Galipedia tamén temos moita palla que separar do gran, pero é un traballo pesado e pouco agradecido, mais que se o facemos entre moitos pode facerse de forma máis rápida e menos laboriosa.
Así o expoñía Elisardo Juncal a mediados de xaneiro cando propoñía a que foi esta “Primeira malla de artigos da Galipedia”. A idea era reducir a gran cantidade de artigos con problemas de diferente tipo que se atopan na Categoría:Atención. E entre o 20 e o 26 de xaneiro, os usuarios participantes foron quen de peneirar un cento de artigos baixo esa categoría. Todo un éxito que, así e todo, non quita que aínda haxa no momento de escribirmos estas liñas un total de 270 artigos alí categorizados que necesitan a colaboración dos voluntarios internautas aos que animamos a colaborar.
“Tódalas máns son benvidas! (…) E lembrade: moitos poucos fan un moito”