Re.cursos. Respirando alegría

nova-escola-iogaActividade de Nova Escola en Compostela os días 8 e 8 de febreiro.

A metodoloxía que require unha formación como Re.cursos. Respirando alegría parte da vivencia persoal e individual, nun primeiro paso como persoa, e nun segundo, como educador/a. As vivencias e o sentir dende o corazón non se poden materializar dende a linguaxe intelectual. Isto implica que para acadar técnicas aplicables á aula ou ó contexto educativo será necesario primar o sentir do pensar, para que as nosas formulacións didácticas constrúan unha nova educación “a educación con corazón”.

Polo tanto, para obtermos resultados diferentes, temos que dar pasos diferentes como educadores/as. O que esta formación ofrece son experiencias persoais que xerarán novas formas de educar. En consecuencia, a metodoloxía do programa tamén será complementada polo compromiso dos e das participantes. A metodoloxía participativa propiciará sincronicidades que traduciremos en ferramentas xeradoras da educación que buscamos. Tamén desenvolverá o aumento da consciencia de como estamos, quen somos e que queremos. E para iso, a principal técnica metodolóxica basearase nas achegas do ioga. O noso método favorecerá a calma mental como requisito sin ecuanime para un novo aprender, un novo ensinar.

Nome da actividade: Xornadas Re.Cursos. Respirando Alegría
Datas e lugar de celebración: 8 e 9 de febreiro do 2014- Centro social de San Lourenzo (Santiago)
Valoración en horas: 12 horas (os/as profesionais da educación teñen dereito a certificación homologada da Consellería de Educación e OU)
Matrícula (ata o 2 de febreiro):
Socios/as Nova Escola Galega: 65 €
Ordinaria: 85 €
Información e inscricións:
Nova Escola Galega
neg@mundo-r.com
Tel-fax: 981562577
San Clemente 18, baixo. 15705 Santiago

Máis información na web de Nova Escola Galega

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*