Reforestación participativa do Monte da Fraga na UDC

reforestacion-udcXoves 30. De 12:00h a 17:00h.

Vía Adega coñecemos desta actividade ambiental para a última semana de xaneiro na Universidade da Coruña.

O lugar de encontro será a entrada principal da Facultade de Ciencias. 

Os labores a realizar serán:
-Plantación das árbores que ten o Departamento de Botánica da UDC. Serán unha ducia de árbores que distribuiremos na contorna da zona onde se construíu a charca o curso pasado. -Acondicionamento da charca. Desenvolveranse traballos de reconstrución das marxes da charca e dos elementos que estean deteriorados. Procederase tamén a plantar especies e flora acuática para favorecer a súa colonización. Estas especies serán transplantadas da zona de depuración or humidal que hai no campus da UDC.
-Colocación de caixas niño. 

Lugar de realización: Monte da Fraga. 

É preciso traer o xantar, ademais de calzado e roupa de traballo. 

Os/as participantes contarán coa ferramenta axeitada para o desenvolvemento da actividade

As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse: Correo-e: oma3@udc.es 

http://medioambienteudc.blogspot.com.es/

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*