Certame Coca-Cola de relatos en español e galego

concurso-coca-colaChega á 54ª edición esta coñecida iniciativa destinada a alumnado de 2º da ESO.

É, dos que temos noticia, o certame máis lonxevo desta natureza a nivel estatal. E este ano, o concurso de novos talentos e premio de relato curto Coca-Cola chega á edición nº54.

O certame establece que sexa o profesor de lingua e literatura castelá o encargado de propoñer a actividade de relato curto en clase e seleccionar o alumnado que representará o colexio no concurso. A proba escrita, na que participan miles de estudantes, ten lugar simultaneamente, cun estímulo narrativo diferente en cada edición. Hai premios individuais para os gañadores e tamén para os seus colexios.

Ademais, este ano chega á 6ªedición a versión en galego do mesmo certame. Con idéntico procedemento, é neste caso o profesor de lingua e literatura galega o encargado de inscribir a aula.

Máis información

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*