Puro swing

puro-swingNa Casa das Ciencias. Unha exposición sobre péndulos que lembra a un parque infantil, chea de experiencias interactivas.

Unha colección de 15 módulos interactivos que permiten xogar e experimentar con diferentes máquinas e dispositivos, para afondar en numerosos aspectos relacionados co movemento dos péndulos integra esta nova exposición na Casa das Ciencias, dende pouco antes do Nadal, baixo o título ‘Puro swing’.

Os visitantes poderán subirse a un columpio moi especial, comprender o segredo do botafumeiro, ver como a gravidade fai debuxos xeométricos ou descubrir como funcionaban os reloxos antes de que houbese pilas.

‘Puro Swing’ mostra os péndulos como instrumento crave na historia da ciencia. Déronnos a primeira medida precisa do tempo: cos péndulos, os reloxos pasaron dunha precisión de máis ou menos 30 minutos a tan só uns segundos. Este salto produciu grandes logros científicos:

  • Abriu a porta á física moderna, cuxos experimentos terían sido imposibles sen cronómetros fiables.
  • Permitiulles aos navegantes coñecer a súa posición na inmensidade do océano.
  • E tamén foi un péndulo, como o da Casa das Ciencias, o que permitiu a León Foucault demostrar que a Terra vira sobre o seu propio eixo.
COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*