Búscanse cachifallos para o Día Mundial da Radio

radio-interiorCampaña de recollida de receptores de radio antigos para a exposición e obradoiros do Muncyt.

O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) con sede na Coruña xa ten a día de hoxe máis dun cento de aparellos de radio de diferentes tipos, tamaños, tecnoloxías e épocas. Agora, e para celebrar especialmente o vindeiro Día Mundial da Radio, o próximo 13 de febreiro, propóñenlle á cidadanía a cesión temporal de aparatos vellos que teñamos pola casa coa fin de realizar unha mostra “nostálxica” cos receptores de ondas hercianas máis representativos e curiosos que anden polos fogares.

Desde esta semana está aberto o prazo de recollida. Alén da celebración da efeméride con esta exposición, os exemplares que os seus propietarios non queiran recuperar poderán ser usados tamén no obradoiro posterior que baixo o título “Taller de chapuzas infantil” lle axudará aos cativos a coñecer como funcionaban antes os receptores radiofónicos.

A colección do MUNCYT ten xa entre outros catro aparellos especialmente destacables: o máis antigo é unha radio gramola de 1927, que permitía escoitar a radio e reproducir discos. Ademais, o museo dispón dun receptor Philips con forma de “capela” de 1936 e outro tamén antigo do ano 1941. Máis actual é a radio multibanda de 1979 que xa podemos ver en exposición.

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*