Xornadas sobre a LOMCE: Reformar o sistema educativo, para que?

lomce-xornadasOrganizadas por Nova Escola. Días 12, 13 e 17 de febreiro. Facultade de Ciencias da Educación. Na Coruña.

Obxectivos da actividade
a) Contextualizar a nova reforma educativa no marco socieconómico, ideolóxico e político da crise do estado do benestar
b) Analizar e debater sobre os problemas educativos que xustifican o actual proceso de reforma educativa: fracaso e abandono escolar; calidade e excelencia; avaliación e rendición de contas; autonomía pedagóxica e xestión democrática dos centros
c) Analizar e debater sobre os cambios nas distintas etapas do sistema educativo propostos na LOMCE
d) Analizar o novo curriculo educativo desde a perspectiva da educación para a
cidadanía e o laicismo
e) Reflexionar e debater sobre a distribución dos tempos escolares e a súa relación coas metodoloxías docente e os obxectivos da renovación pedagóxica: a reforma necesaria.

Datas e lugar de celebración: 12, 13 e 17 de febreiro do 2014. Facultade de C. da Educación (Campus de Elviña-A Coruña)
Custo da matrícula:
Socios/as de Nova Escola Galega: 20 euros.
Desempregados/as: 30 euros.
Cota ordinaria: 40 euros.

Forma de pagamento: Transferencia bancaria á conta de Nova Escola Galega en Nova Galicia Banco:
2080 0300 85 3040089500

Valoración en horas: 12 horas (Os profesionais da educación, tanto funcionarios como do ensino concertado ou en paro, obtarán a unha certificación homologada pola Consellería de Educación e OU).

Número máximo de participantes: 80, por rigorosa orde de inscrición.

Información, contacto e inscricións:

Nova Escola Galega
R/ San Clemente 18, baixo.
15705. Santiago de Compostela.
Telf./Fax: 981562577
neg@mundo-r.com

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*