De paso que vos recomendamos a visita do seu blog adicado á didáctica das clásicas, subliñamos o artigo onde Álvaro P.Vilariño conta do acto de entrega dos premios ‘Mellora a Túa Escola Pública’, onde Dives Gallaecia recibiu unha mención de Honor no apartado para iniciativas dos centros de Ensino Secundario.