Namora a túa árbore na Eira da Xoana

eira-da-xoanaActividades de Adega para alumnado de Primaria e Secundaria o próximo 14 de febreiro.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ALUNOS DE PRIMARIA:

14.45 h => Chegada. Visita explicativa da casa. 
15.15 h => Realización da actividade «NAMORA A TÚA ÁRBORE» con xogos interpretación temática (diferentes usos das árbores, a súa influencia no ambiente, etc) 
16.00 h => Percorrido pola contorna : Veremos e interpretaremos o que imos vendo: a poza ou humidal, a eira de mallar e o hórreo, o composteiro, a alvariza, etc. 
16.15 h => Fin da actividade. Encontro co outro grupo e foto do conxunto. 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES ALUNOS DA ESO: 

12.20 h => Chegada. Visita explicativa da casa e da contorna. 
13.10 h => Realización da actividade «NAMORA A TÚA ÁRBORE», con xogos e interpretación temática ( diferentes usos das árbores, a súa influencia no ambiente, etc) 
14.00 h => Xantar de bocata na Eira (cada un trae o seu). 
14.40 h => Comezo do ROTEIRO: Visitaremos as Torrentes de Mácara, o miradoiro de Pambre (desde onde se ve o «castelo do Remesedo» e o «Castro de Remonde») e o Castelo de Pambre, nun percorrido pola natureza e a historia de cada unha destas cousas e as súas vicisitudes. 
16.15 h => Voltaremos á Eira da Xoana onde nos xuntaremos cos demáis e faremos unha foto de despedida con todos: profes, alumnos, monitores/as.

NOTAS:
Todas as actividades dependerán do tempo, pois podería haber que mudar de actividade ou mesmo suspender todo se a cousa ameaza.

Máis información sobre a Eira da Xoana na web de Adega

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*