Radiovisual: Na Ponte

dia-mundial-radio-2014Con motivo do Día Mundial da Radio, na Facultade de Ciencias da Comunicación. En Santiago.

Con motivo do Día Mundial da Radio, declarado pola UNESCO en 2011, a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas Ondas! presenta o audiovisual ‘Na Ponte’, que da conta das dúas décadas de actividades realizadas pola comunidade interescolar, no Salón de Graos da Facultade de Ciencias da Comunicación, en Santiago de Compostela.

Da man de Xurxo Souto (músico e locutor) e Rocío Pereira (locutora da Radio Galega e ex alumna) o magazine desvelará os segredos da radio e do audiovisual , con convidados especiais. A radio, que deu orixe a Ponte…nas Ondas! terá neste día un acto de homenaxe pública ao medio.

E lembrámosvos que o vindeiro día 30 de maio celebrarase a XX edición da xornada Ponte nas Ondas!.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*