Obradoiro cara a Ponteciencia

senda-lerez-pontevedraPontevedra terá en maio a súa feira da Miniciencia. Antes hai xa algunha actividade preparatoria.

‘Pontenciencia: Feira da miniciencia’ é unha feira de proxectos de investigación escolar aberta ó público que terá lugar en Pontevedra. Celebraráse no Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e estará composta por:
-Espacio Expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
-Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia
-Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade
As modalidades de participación dos alumnos dos colexios públicos do concello de Pontevedra son “Ciencia no cole” ou “Ciencia en familia”.
Exporán os resultados dos proxectos de investigación que seleccionen a partires das propostas realizadas por un “Comité Científico Universitario” ou ben dunha temática libre, e que levaron a cabo co apoio dos seus mestres e familiares.
Farase entrega de diplomas pola presentación dos proxectos a todos os participantes e colaboradores.

Obradoiro o sábado 15 de febreiro
Unha das categorías de participación da Feira, a realizar no mes de maio, é Ciencia en familia, na que o alumnado de primeiro a sexto de primaria que o desexe, xunto cos seus familiares – pais, nais, titores/as, avós, avoas,…- poderán presentar os seus proxectos en stands da feira e tamén participar na fase de concurso do  Premio Pontenciencia.

As familias que desexen participar no proxecto terán un Obradoiro de investigación no que se explicará como participar e realizar unha investigación en temáticas como ciencia, educación, deporte, fisioterapia, belas artes, bioloxía, filoloxía, línguaxe…. Tamén, os que o desexen, se lles subministrarán propostas de investigación realizadas polo comité científico do proxecto e recibirán o asesoramento preciso.

Data: sábado 15 de febreiro
Hora: 12:00 h
Lugar: Sede da FANPA rúa Xan Guillermo, núm.9 (detrás de Santa María, rúa lateral ó edificio da Seguridade Social) Tel 986843412 info@nontedurmas.org ou educacion@pontevedra.eu

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*