Exposición 93

exposicion-93-cgacO CGAC celebra o vixésimo aniversario transportando o público ao ano da súa apertura. Deica o 23 de marzo.

Co propósito de conmemorar o seu vixésimo aniversario, o CGAC presenta unha exposición titulada 93 coa que nos transporta ao ano no que o centro abriu as súas portas ao público no inicio da década dos noventa. Ao longo destes vinte anos de existencia, o centro proxectado polo arquitecto Álvaro Siza Vieira desenvolveu un importante labor no eido da difusión, a preservación e o estudo da arte contemporánea.

A exposición 93 deixa que o ámbito cronolóxico defina a súa matriz esencial: a modo dun corte na historia, nesta mostra presentaranse obras de máis de cen artistas nacionais e estranxeiros que traballan en diversos medios e soportes. Alén da cronoloxía, a exposición dará visibilidade case en exclusiva a obras procedentes de coleccións particulares e institucionais de España, Portugal e Francia, como reflexo do panorama artístico que, particularmente na Península Ibérica, comezaba a súa traxectoria logo da normalización política e da chegada das respectivas democracias a España e Portugal.

Nestes comezos dos noventa advírtese un cambio moi fondo nos modos de produción cultural, precisamente porque o sistema das artes asiste a un importante e continuado proceso de profesionalización. Ademais, é unha época na que os artistas viven no ronsel da euforia dos oitenta, cunha maior conciencia crítica fronte a problemas económicos, políticos e sociais marcados non só pola fonda crise dos mercados acontecida a finais da década anterior, senon tamén pola emerxencia de preocupacións e estudos de xénero. Así mesmo, a desvinculación da arte con respecto ao mercado, permitiu unha experimentación máis libre con linguaxes como a fotografía e o vídeo, que a partir dese momento se consolidarían como prácticas museísticas regulares.

93 combina presenzas emerxentes en diferentes contextos nacionais con artistas que, naquela altura, serviron de referencia para esa nova xeración, colocándoos nunha horizontalidade cronolóxica que lle permitirá ao espectador facer unha viaxe a un momento preciso no tempo.

Lista de artistas na exposición
Ignasi Aballí • Pep Agut • Ana Laura Aláez • Nobuyoshi Araki • Txomin Badiola • Miroslaw Balka • Jorge Barbi • Xosé Carlos Barros • Ross Bleckner • Bleda & Rosa • Angela Bulloch • Gerardo Burmester • Pedro Cabrita Reis • Berta Cáccamo • Pedro Calapez • Nuria Canal • Vari Caramés • Fernando Casás • Rui Chafes • Victoria Civera • Jordi Colomer • José Pedro Croft • Mark Dion • Pepe Espaliú • Harun Farocki • Ângela Ferreira • Michel François • Joan Fontcuberta • Coco Fusco & Paula Heredia • Carlos Garaicoa • Dora García • Nan Goldin • Douglas Gordon • Antony Gormley • Renée Green • Andreas Gursky • Graham Gussin • Federico Guzmán • Peter Halley • Mona Hatoum • José Antonio Hernández–Diez • Gary Hill • Noritoshi Hirakawa • Thomas Hirschhorn • Roni Horn • Ánxel Huete • Pierre Huyghe • Cristina Iglesias • Pello Irazu • Derek Jarman • Menchu Lamas • Antón Lamazares • Langlands & Bell • Jonathan Lasker • Jac Leirner • Francisco Leiro • Leonilson • Rogelio López Cuenca • João Louro • Chris Marker • Din Matamoro • Chelo Matesanz • Manuel Moldes • Pedro Mora • Juan Luis Moraza • Juan Muñoz • Antonio Murado • Lucia Nogueira • Itziar Okariz • Julian Opie • Xurxo Oro Claro • Gabriel Orozco • Miguel Palma • Antón Patiño • Manolo Paz • Carlos Pazos • Pamen Pereira • Perejaume • Walid Raad & Jayce Salloum • Pipilotti Rist • Pedro G. Romero • Martha Rosler • Thomas Ruff • Francisco Ruiz de Infante • Edward Ruscha • Doris Salcedo • Julião Sarmento • Sean Scully • Susana Solano • Hiroshi Sugimoto • Sam Taylor-Wood • Francesc Torres • Javier Tudela • Juan Uslé • Eulàlia Valldosera • Isidoro Valcárcel Medina • Xesús Vázquez • Manuel Vilariño • Gillian Wearing • William Wegman • Rachel Whiteread

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*