Programa de obradoiros de TADEGA

tadegaVindeiras actividades do colectivo.

MARZO
Temática: Servizos, realidades e proxectos de Pictoaplicaciones.com
Cando: 15 de marzo (sábado) en horario de 10:00 a 14:00 horas.
Onde: Travesía de Cacheiras, 62 (Estrada de Santiago a A Estrada, Km. 5) – Teo, A Coruña.
Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
Características: A través de xente do GrupoPromedia.es e de Pictoaplicaciones.com faremos un percorrido amplo e completo polas aplicacións, ferramentas e servizos que ofertan dende a súa web así como tamén dos seus proxectos máis inmediatos e aínda en cociña.

ABRIL

Temática: II Xornadas de tablets Aspronaga. As tablets na educación e na atención á diversidade.
Cando: Tarde do 25 (venres) e mañá do 26 (sábado) según programa.
Onde: Centro de Formación e Recursos (CFR) da Coruña en Rúa Pepín Rivero, 3 (Edificio UNED) da Coruña.
Programa e inscrición: Actividade organizada por Aspronaga e na que TADEGa participa como colaboradora. Toda a información, inscrición inclluída, está na web http://goo.gl/rJZ2Xw
Características: Co relatorio de Pere Marqués no ámbito do proxecto de investigación desenvolto, mesas redondas e obradoiros prácticos.

MAIO

Temática: Uso e personalización deferramentas ACCEGAL (Pictodroid, MesageTTS, VisualTEC, SubTitleMe, MyKeyboDroid, etc.)
Cando: sábado 10 de maio.
Onde: Instalacións do MUPEGA, Santiago de Compostela por determinar (pendente de confirmación).
Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
Prezos: 5 € para persoas socias e 10 para as non socias que se abonan o mesmo día ao retirar a documentación.
Notas: ao rematar, comida sinxela de confraternización a escote para quen queira participar.
Características: A cargo de Fátima Mª García Doval e o equipo de ACCEGAL.

XUÑO

Temática: Cea-coloquio de fin de curso: Verdades e mentiras da inclusión.
Cando: un venres ou sábado en sesión de tarde aínda por concretar dentro do mes de xuño.
Onde: Lugo en local aínda por determinar.
Inscrición: Cumprimentar o formulario que se xunta neste artigo.
Prezos: Fixarase en breve o prezo (módico) que incluirá os gastos de documentación e prezo de cuberto da cea.
Características: Preténdese coa temática Verdades e mentiras da Inclusión un debate sen asperezas pero tamén sen rodeos sobre a inclusión e, por extensión, a inclusión dixital. Pretendemos ademais non quedarnos só nos lamentos, senón chegar a conslusións prácticas de cara ao futuro; sendo este acto o noso borche de fin de curso da asociación.

Máis información: Tadega

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*