Avoaescola busca a colaboración para manter vivo o proxecto

avoaescolaO proxecto de educación infantil en galego abre unha campaña de recollida de doazóns.

Na web do colectivo GalizacoGalego explícase a evolución da iniciativa, lanzada en 2009, para a creación dunha Rede Popular de Escolas Infantís en Galego, que permitirán a educación dende a etapa infantil, para que as crianzas non perdan o contacto coa lingua galega.

De 2009 a 2011 creuníronse 3173 apoios e no ano 2014 materializouse o proxecto na Escola Infantil Avoaescola de Ferrolterra durante  tres meses, e que por problemas económicos tivemos que suspender  a actividade deica o vindeiro curso 2014-2015.

Para superar estas circunstancias e  poder abrir con futuro necesitan de 15.000 euros.

A axuda pode facerse efectiva por:
Ingreso na conta de Galiza co Galego  Caixa Rural Galega nº 3070-0044-58- 6085308424 
No caso dende o estranxeiro IBAN: ES57 3070 0044 5860 8530 8424  BIC: BCOEESMM070 

Ou tamén, na plataforma Verkami http://vkm.is/avoaescola (operativa dende ás 20h do 13 de febreiro ás 20h do 25 de marzo).

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*