Obradoiro: Cantigas infantís como ferramenta educativa

obradoiro-xuntanzaO día 8 de marzo, sábado, no Centro Sociocultural da Trisca, de 10 a 14h e de 17 a 21h.

O obradoiro será sobre O debuxo rítmico e a canción infantil como ferramentas educativas. Baixo este título abordaránse cuestións como o desenvolvemento psicomotriz, o espacial, o da linguaxe, o debuxo rítmico ou mesmo o uso das cancións como instrumento para facilitar ritmos e rutinas na vida da xente miúda. Está dirixido non só a pais/nais senón tamén a calquera outra persoa interesada (mestres, educadores, etc.) Marcela Rubiano é profesora de música, especializada no ensino de nenos e nenas dos 0 aos 6 anos.

O obradoiro terá lugar o próximo día 8 de marzo, sábado, no Centro Sociocultural da Trisca, de 10 a 14h e de 17 a 21h.

É imprescindible a inscrición previa, que se fará nos teléfonos 695.052.812 / 981.936.215.

O prezo é de 25 €

Organizado polo colectivo A Xuntanza, do Barrio de San Pedro, en Santiago de Compostela.

COMPARTIR

Deixar un comentario

Por favor, introduce o teu comentario!
Por favor, introduza o seu nome aquí

*